Mananciais e ríos dan lugar a paraísos naturais encadrados na reserva da
biosfera "Terras do Miño" é Lugar de Interese Comunitario.
E as fontes, como as de VALDOVÍN, PARDIÑAS ou a de SAN
XOÁN DE LAGOSTELLE coas súas
propiedades curativas e, ao dicir de moitos, milagrosas, xeraron un apoxeo
turístico termal xa dende principios do XVIII.
Fonte de Valdovín |
Este máxico recuncho do MUIÑO DA RUXIDA, localízase nas proximidades do lugar de Ferreira, ao pé do rego que lle concede o nome, e entre un bosque de canteiras que danan o camiño e a paisaxe que o rodea.
Próximo ao antigo camiño que usaban os veciños de Negradas, Mariz, As
Cruces ou SOBRADO DOS MONXES para acudir á feira de Parga,...
...e do “XACEMENTO DE PENA XIBOI” ...
...dende o cal xa escoitamos a “ruxido” da auga ao precipitarse pola cativadora FERVENZA natural.
...e do “XACEMENTO DE PENA XIBOI” ...
...dende o cal xa escoitamos a “ruxido” da auga ao precipitarse pola cativadora FERVENZA natural.
É un fermosísimo ricón con bosque de ribeira, onde móstrasenos esta atractiva fervenza,
cunha caída duns 10 metros.
Este muíño foi construído nos anos corenta por iniciativa de cinco casas
de Ferreira, (Rebolo, Matías, Borregón, Zarabeto e Pepe do Calapris), quen
durante os máis de 30 anos que estivo operativo, moeron o trigo e o centeo que
se cultivaba na zona. Equipándose con dúas pedras, una grúa de madeira e un
rodicio feito do mesmo material.
Hoxe atópase restaurado, acondicionando na zona unha ÁREA RECREATIVA
ben equipada, onde fíxose tamén, unha fonte e unha ponte de madeira que permitenos
unha visión privilexiada da fervenza.
Na zona da presa, moles rochosas características da Terra Chá, potencian,
máis si cabe, o atractivo visual do lugar.
Coordenadas GPS: 43º8'3''N 7º52'27''W
VISITA OTROS
SORPRENDENTES LUGARES DEL MUNICIPIO DE GUITIRIZ EN ESTE ENLACE, CON UN MAPA PARA LLEGAR A CADA UNO DE ELLOS.
Onde está exactamente a Fonte do Ferido? Fun varias veces pola Ruxida e nunca souben dese manancial. Agradecería se sabe indicarme onde está exactamente
ResponderEliminarSinto moito non poder axudarte, pois non sei onde se atopa, cando fun, non había indicación algunha!
Eliminar