É moi habitual atopar pequenas igrexas ou ermidas
erixidas enriba dun castro ou no ámbito das necrópoles megalíticas. Este é o
caso da ermida de San Vitorio, construida no medio da Serra da Loba, e nos
límites co CONCELLO DE MONFERO.
Capela sen estilo definido, realizada en granito.
Planta de pequenas dimensións, de forma rectangular. Os muros son de
cachotaría, con cadeirado nos esquinais.
Conta cun pequeno pequeno espazo cuberto ou cabido
na parte frontal, sostido por un muro baixo, sobre o que apoia unha columna de
sección cadrada nos extremos e achafranada na parte central.
Nas paredes deste pórtico e porta, podemos ver tamén
outras cruces e inscricións.
A luz entra a través de un pequeno van nun lateral
da ermida, dende o que sacamos as fotos do interior, onde atópase San Victorio,
santo milagreiro en honor ao que se celebra o 22 de maio unha afamada ROMARÍA.
Cóntase que a ermida e o cruceiro que hai ao lado, foron construídos no ano 1560, por unha persoa devota sen descendencia. Ao
morrer deixounos no testamento a uns veciños do lugar, co encargo de celebrar
cada ano unha romaría no honor a San Vitorio.
É costume botar unha esmola pola
xanela do lado sur mentres se lle pide un favor ao santo. Cando enfermeba un porco, tamén era costume, arrincar unha estela da porta da capela e poñela na corte para que favorecera a curación do animal.
No anverso da cruz obsérvase ao cristo crucificado, en baixo relevo.
No reverso, a Virxe, igualmente en baixo relevo, en actitude orante.
O conxunto está realizado en granito.
A conservación deste elemento enfróntase aos constantes embates dos axentes meteorolóxicos; a chuvia e o vento desgastaron, ao longo dos séculos, un dos cruceiros máis antigos de Galicia.
Próxima á capela atópase a PENA DE ROLDÁN, e nela poden verse as pegadas que deixaron o cabalo e o heroe Roldán, un dos Doce Pares de Francia, sobriño e cabaleiro de Carlomagno.
Roldán, segundo a lenda, colaborou co apóstolo Santiago
e con Carlomagno na expulsión dos mouros míticos do noso país. Existe un amplo
e variado corpus lendario que o sitúa en varias ducias de lugares de Galicia,
sempre asociado a proezas lendarias. Roldán, no imaxinario popular galego, é un
xigante, e xigantescas son as pegadas dos seus pés. Cando pasou por Aranga, deixa a pegada xigantesca do seu pé enterrada na
pedra coma se esta fose de manteiga.
O seu cabalo aínda pegou un chimpo ata Pena Ferreira, monte da mesma parroquia pero afastado deste lugar.
O seu cabalo aínda pegou un chimpo ata Pena Ferreira, monte da mesma parroquia pero afastado deste lugar.
Nesta ocasión, como a neve fixo imposible o
poder contemplar a pegada do lendario Roldán, outro Roldán, quixo deixar a súa
marca no manto branco que cubría o lugar.
Coordenadas: 43º 16' 33.3" N - 7º 56'
15.0" W
Non moi lonxe deste lugar, pero xa no veciño
concello de GUITIRIZ,
podemos ver outra PEDRA
RELACIONADA CO MÍTICO ROLDÁN.
INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS
VISITA OUTROS
SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DE ARANGA NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario