SANTUARIO E FONTE DO SANTO MATÍAS, LUGO

Unha das manifestacións básicas da relixiosidade popular radica nos santuarios. Estes son espacios sagrados, simbolizados por unha capela, ermida ou igrexa parroquial, ondea súa imaxe de devoción atrae a un gran número de devotos que pregan a sagrada intercesión mediante todo tipo de peticións de índole espiritual e material. Un santuario distínguese - segundo manifesta William Cristhian- "por la devoción de la gente y no por una característica histórica o artística inherente al edificio o institución".


A catro quilómetros da cidade de Lugo, no lugar de San Matías, parroquia do Veral, preto do Camiño de Santiago, hai un santuario no que se celebra unha romaxe cada 14 de maio. Acoden romeiros das parroquias e concellos veciños, pedindo para si ou para os achegados con doenzas na alma ou no corpo  que non poden acudir ó santuario, e tamén para atender problemas de saúde dos animais.






Ademais da misa, da procesión correspondente e do costume de poñer o santo (este ritual consiste en que o crego encargado do santuario fai, cunha imaxe pequena do santo, unha cruz por riba das cabezas dos devotos, que bican a devandita imaxe e deixan unha esmola, mentres o poñente recita a seguinte oración:"S. Matías glorioso te conceda la salud del alma y del cuerpo. En el nombre del Padre, del Hijo y del E. Santo. Amén".)


O Santuario de grandes proporcións e planta rectangular, esta construído en aparello de sillar granítico e data dos ss. XVIII- XIX. Presenta un frontis con porta adintelada e espadana de dobre van e un gran atrio murado de cachotería granítica.



Ó carón da porta central do recinto sagrado, hai unha boeta ou "peto de limosna"  adherido á parede, que ten un pequeno oco metálico no muro exterior, polo que os devotos poden depositar a esmola mesmo cando a capela esté pechada. Na parte superior deste pequeno oco metálico, unha inscrición di."Aquí se recibe limosna de los gloriosos S. Matías, apóstol, y S. Lorenzo mártir".

San Matías foi o apóstolo elixido por sorteo trala morte de Xesús Cristo para substituír ao suicida e traidor Xudas Iscariote.

Finalmente, fronte á porta central da igrexa hai unha inscrición pegada ó muro, que limita o adro, conmemorativa dunha misión que se celebrou nese lugar no ano 1905.


 metros más abaixo do santuario, á esquerda da estrada, hai unha “pía” que en realidade é un SARTEGO DOBRE, de pedra. Alí, practicábanse ata non hai moitos anos, o ritual da "pia da auga", para curar doenzas dos ollos ou da pel.


Esta FONTE DO SANTO MATÍAS sempre ten auga, maiormente cando chove, aínda que hai quen asegura que nace un manancial no mesmo sartego. Alí acoden, ou acudían, persoas con enfermidades na vista ou na pel. Lavan as partes enfermas cun pano e logo déixano pendurado nas silvas ou na ramallada dos arredores coa esperanza de que, segundo vaian apodrecendo os panos, tamén vaian “morrendo” as enfermidades lavadas con eles.
A finais do século XIX o médico lucense D. Jesús Rodríguez López refería que “no devandito sartego los romeros lavan las llagas y las partes enfermas, ofreciendo a la vista un espectáculo repugnante, pero sublime por la fe que revelan aquellos fieles”.



O outro rito que se practicaba, ao parecer xa non se fai desde hai máis de trinta anos, é o ritual de "cortar a solta". Cando un neno tardaba en andar, ou tiña as pernas tortas, levábano o día da festa á capela de San Matías cos pés atados cun fío de lá para que o crego llo cortase cun machado. J. Rodríguez López di que no século XIX (daquela o día da romaxe era o 24 de febreiro) quen cortaba o fío que ataba as pernas da criatura era un home e facíao cun coitelo de madeira ou de prata. Coas correspondentes esmolas e a asistencia aos oficios relixiosos, a curación semellaba máis doada.

Coordenadas: 42º 59' 33.0" N - 7º 36' 15.0" W

INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS




SANTUARIO DE S. MATÍAS (O VERAL-LUGO). AUTOR: José Manuel BLANCO PRADO

VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO CONCELLO DE LUGO NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario