MUIÑO DA MERA, VILASANTAR

A espectacular Ruta de Sendeirismo PR- G 195 RUTA DOS MUIÑOS DE VILASANTAR, permítenos gozar dun dos máis belos e serenas paisaxes de Galicia no río dás Gándaras, un enclave dun gran valor etnográfico e natural, xa que son moitos os enxeños hidráulicos que se atopan ao seu paso.


Moi preto do xa comentado MUIÑO DO CREGO,...


... atópamos este outro elemento etnográfico medio oculto entre a vexetación.


Ao aproximarnos o MUIÑO DA MERA, descubrimos un pequeno edificio independente dun só rodezno, outrora dedicado soamente ao proceso da moenda. Ten pranta rectangular, sen máis ocos que a porta de acceso na fachada principal, onde tamén se observa unha pedra saínte para poder pousar os sacos de gran, o chamado pousadoiro.



A canle polo que se alimentaba, agora está completamente tupida pola vexetación.


Outrora, os maiores difusores da utilización dos muíños, como ocorreu en xeral coa agricultura e a pesca, foron as ordes relixiosas, e aquí, a presenza da magnífica e ben conservada IGREXA DE SANTA MARÍA DE MEZONZO coa súa perfecta cabeceira románica e único elemento que queda do mosteiro dúplice fundado a mediados do século IX onde profesou aos vinte e dous anos San Pedro de Mezonzo, xustificaría a presenza destes enxeños. 


A ruta permítenos desfrutar do aire puro e da natureza e una paisaxe fermosa, coa súa vexetación característica das ribeiras, como son os bidueiros e ameneiros. Unha proposta turística para o desfrute de todo o mundo, tanto pequenos coma maiores.



A ó longo dos 6 quilómetros que ten de percorrido a ruta, pódense visitar un total de 22 muíños hidráulicos en diferentes estados de conservación, ademais dun serradoiro, e o CONXUNTO ETNOGRÁFICO DO BATÁN, elemento único na comarca e un dos tres mellores batanes rehabilitados e en funcionamento que se conservan en Galicia,...


... emprazado nunha marabillosa contorna natural, cun fermoso SALTO DE AUGA que se forma no río das Gándaras.


INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS


VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO CONCELLO DE VILASANTAR NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario