No interior do camposanto, e preto do centro relixioso máis importante da
comarca de Bergantiños, e sen dúbida, do protagonista histórico desta parroquia
como é, o MOSTEIRO DE SAN PEDRO DE SOANDRES, álzase un sinxelo cruceiro.
Está construído en granito, cunha plataforma cuadrangular de dous chanzos
sobre a que asentase un pedestal cúbico rematado en chafrán. Do pedestal
arrinca un fuste de sección octogonal. O capitel é cuadrangular moldulado.
Encima atópase unha cruz de sección cadrada, recrucelada, cun círculo estrelado no centro e cuadrón (raios nos vértices a modo de aureola).
Ten os brazos ornamentados e remates florenzados.
Encima atópase unha cruz de sección cadrada, recrucelada, cun círculo estrelado no centro e cuadrón (raios nos vértices a modo de aureola).
Ten os brazos ornamentados e remates florenzados.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LARACHA/documents/0199CA003.PDF (página 19).
VISITA OUTROS
SORPRENDENTES LUGARES DO CONCELLO DA LARACHA NESTA LIGAZÓN,
CUN MAPA
PARA CHEGAR A CADA UN DELES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario