CRUCEIRO EN EL GALLO DE ORO, ARTEIXO

Este Cruceiro podese ver nos coidados xardíns do restaurante que se inauguraría en 1975 e que ven sendo o actual "EL GALLO DE ORO", nome co que seus propietarios bautizaron o seu primeiro restaurante, no ano 1962, non moi lonxe deste, lembrando a ópera de Nikolái Rimski-Kórsakov que tanto lle gustaba ao médico Don Manolo, padriño do seu fillo Fernando. Naqueles tempos no que acudían ao BALNEARIO DE ARTEIXO ducias de persoas a pasar a época estival.


O moderno cruceiro, é un exemplo do bo facer e do interese por conservar e dar nova vida ás ancestráis tradicións desta terra. O artista reflectiu numerosos detalles das máis antigas “cruces de pedra”, ademáis de amosar o dominio técnico do cincel.
Construído en granito, presenta plataforma cuadrangular de dous chanzos sobre a que aséntase un pedestal cúbico rematado nunha filigrana con forma ondulada. Do pedestal arrinca un fuste de sección cuadrangular nas esquinas e octogonal no resto. 


Nesta obra hai algúns aspectos dignos de resaltar, especialmente na cruz e no capitel. Un deles é o uso de cunchas de vieira como decoración, detalle pouco frecuente e símbolo dos romeiros, que aparece xa no exemplar de Brexo (Cambre), o outro é o visible da sua cruz, na forma e decoración dos paus cilíndricos cos extremos rematadados en flor de múltiples pétalos, pero precedidos dun “coraliño”, que lembra os exemplares máis antigos, como o de Longais (século XVI) e San Humberto en A Barcala.


No anverso amosa a imaxen do crucificado con tres cravos, a cabeza coa coroa de espiñas lixeiramente inclinada cara adiante e o pé dereito sobre o esquerdo. Sobre el, a cartela de INRI. Salientar o separado que se esculpiu o corpo, separación que indica un bo dominio do cincel e, tamén unha continuación da antiga tradición dos nosos santeiros que sempre tiveron o costume de esaxerar ó máximo esta característica.


Non reverso, sobre un querubín, a imaxe da Virxe cuberta cun manto.


INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS


Cruceiro incluido en la obra "Os nosos cruceiros". Autor e ilustrador: José M. Laredo Verdejo. Boreal - Xuntanza Editorial, 1993. Vol. I, págs. 276-277.

VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DE ARTEIXO NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario