MUSEO ETNOGRÁFICO, A CAPELA



O futuro e o presente constrúense sobre o pasado”. Esta máxima defendida polo MUSEO ETNOGRÁFICO DE A CAPELA, non é nova para as xentes que fixeron posible neste pequeno concello da Comarca do Eume, artellar unha “rede de museos” situada o lado mesmo do PARQUE NATURAL DAS FRAGAS DO EUME, e próxima tamén ao máxico MOSTEIRO DE CAAVEIRO.



Esta rede de museos está integrada por a CASA DO PAZO; o PARQUE ETNOGRÁFICO DO RÍO SESÍN; e o MUSEO DA ESCOLA. Cada un deles xira ao redor dun centro de interese e todos, á súa vez, están interrelacionados entre si formando parte de rutas eco-etnográficas, que lle permiten ao visitante deambular polo acontecer histórico dos homes e mulleres da zona.


Isto vén de lonxe, porque xa nos anos 80, cando nos colexios se estudaba a EXB, no da Capela (CEIP  Mosteiro de Caaveiro), uns mestres e mestras moi comprometidas coa ensinanza e coa cultura galega, pensaban que os seus alumnos e alumnas, ademais de estudar a “educación reglada”, debían comezar por coñecer o seu entorno, a súa historia e a súa cultura, que se converterían nun dos alicerces da súa formación educativa. Entre as moitas iniciativas que neste senso, foron tomando ao longo dos anos, xurdiu unha que acabaría converténdose, sen que ninguén o esperara nun principio, no Museo Etnográfico de A Capela. Tratábase dunha exposición sobre o libro no día das letras galegas do 1981, que se quixo ambientar con obxectos propios da nosa cultura, en concreto do rural, recuperados de faiados, alpendres, etc., “cacharros vellos”, algúns coñecidos, pero outros xa en desuso, esquecidos, porque a sociedade rural xa estaba modernizándose, cambiando de costumes, de xeitos de vida, asimilándose cada vez máis aos núcleos urbanos aos que os veciños e veciñas remataban indo traballar e estudar. A recollida e exposición destes obxectos foi tan exitosa, e tiñan tanto que contar, xa que a través deles se podían coñecer multitude de vivencias nas casas rurais tradicionais dos nosos antergos, que a experiencia continuou no Colexio coa recollida de máis pezas e a investigación por parte dos alumnos das súas denominacións, usos, etc.



Finalmente, a colección, por diversos motivos tivo que saír do colexio, e foi así como naceu a Asociación Patronato do Museo Etnográfico de A Capela no ano 2001 e xa no 2006 se inaugurou o Museo Etnográfico de A Capela na súa nova sede, a que foi casa prioral no S.XV e logo casa reitoral, e que atópase fronte a fermosa IGREXA E CRUCEIRO DE SANTIAGO


A CASA DO PAZO, a pesar de non ser unha casa de labranza orixinalmente, responde perfectamente a esta tipoloxía tanto estrutural como funcionalmente. 



Neste espazo preséntase a CASA tradicional da zona como unha unidade básica do sistema cultural tradicional. Unidade que non só responde ás necesidades socioculturais e ás derivadas dunha economía de autosuficiencia; na “casa” transfórmanse os produtos do campo e do gando en alimentos , confecciónanse e constrúense os obxectos e utensilios imprescindibles para o desenvolvemento cotián da vida e do traballo. Un percorrido polas súas dependencias (a cociña, o pasadoiro, o cuarto, a sala,…)...

Máis fotos na páxina do museo: http://www.museodacapela.org/a-casa-do-pazo/
... e as construcións adxectivas (hórreo, forno, alpendres, LAVADOIROS…) permite coñecer multitude de utensilios e apeiros necesarios para que a CASA funcione e ferramentas dos oficios tradicionais frecuentes na zona: o ferreiro, o canteiro, a tecelá, o zoqueiro, o latoeiro, a costureira, o serranchín,…,  ou como eran aquelas tascas onde se reunían e compraban os veciños e veciñas.


Máis fotos na páxina do museo: http://www.museodacapela.org/a-casa-do-pazo/


LAVADOIRO
 Ademais podemos ver como era unha antiga escola unitaria no MUSEO DA ESCOLA DE GUITRIZ. Na antiga escola rural de Guitriz construida polos veciños a mediados do século pasado, reprodúcese unha aula da época cos materiales (moblaxe, libros, cadernos, mapas …) procedentes das escolas unitarias existentes na Capela ata a creación do Grupo escolar (1979). Compleméntase cunha sala na que se expoñen outros obxetos, materiais pedagóxicos, documentos, fotografías, murais… que reflicten a historia da educación de A Capela dende finais do S. XIX.

Máis fotos na páxina do museo: http://www.museodacapela.org/escola-de-guitriz/

O Museo está integrado nun contorno na que o home – amais de traballar a terra – aproveitou durante séculos os recursos que este medio (regatos, montes, fragas, …) lle ofrece. Fixoo sempre dun xeito racional e sostible, preservando toda a súa riqueza medioambiental e configurando unha paisaxe única na que as pegadas humanas son tan espectaculares como as naturais.

PARQUE ETNOGRÁFICO DO SESÍN
O PARQUE ETNOGRÁFICO DO SESÍN é un fermoso ecomuseo integrado na ruta “MÁIS ALÓ DOS EIDOS” que permite achegarse e coñecer o rico patrimonio eco-etnográfico (paisaxes, elementos construtivos, actividades tradicionais …) froito desa intervención humana.

PARQUE ETNOGRÁFICO DO SESÍN
 Dende o Museo trabállase con estes obxectivos e para conseguilos un dos seus maiores anceios é a participación da xente, de todas as idades e de calquer lugar, para que convertan estas pezas de museo en algo vivo, e así se consegue coas diversas actividades que se realizan, como a FEIRA ETNOGRÁFICA, onde se reviven aquelas feiras rurais de sempre,...

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/a-capela/2016/07/31/tradicion-disfraces-feria-etnografica-do-eume/0003_201607F31C7994.htm
... ou o TAL COMO ÉRAMOS, unha recreación teatralizada da vida dos veciños da Capela aló polos anos 40, onde a propia xente da Capela e arredores participa dando vida aos personaxes, e algunhas das pezas do museo reviven nas súas mans, voltando ao uso para o que foron creadas e facendo acopio de novas historias para contar cando volten ao Museo.

http://www.museodacapela.org/tal-como-eramos-1942-17-de-setembro-2017/
Horario de Visitas (Casa do Pazo) Domingos e festivos de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 18:00. Fóra deste HORARIO pódense concertar visitas guíadas para calquera espazo da «rede museística». TLFNOS:  678713971 – 981459380 – 693443247. Prezos Individual: 2 € nen@s : ( de 6 a 12 anos): 1 € / (-6 anos): gratuíto (10-15 persoas): 1’50 € (+ de 15 persoas): 1 €


INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS





VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DA CAPELA NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario