O río Pontepedra pódese considerar o eixe fluvial do CONCELLO DE TORDOIA,
ofrecendo numerosas paraxes de interese turístico, como esta ACEA DE ESTEVO
situada na parroquia de Gorgullos.
Unha acea (do árabe as-sâniya 'a que
ergue a auga, rodicio hidráulico') é un muíño de
auga para moer fariña. Descrita polo enxeñeiro militar Marco Vitruvio xa no primeiro
século a. C., a renuencia dos propios romanos a utilizar unha máquina cuxo
traballo cubría o estamento social dos escravos, fixo que o muíño hidráulico
non se estendese na península ibérica ata a chegada dos musulmáns no século
VII.
A contorna das ruinas desta acea, destaca pola súa beleza e a súa importancia
respecto a fauna existente.
Este río conta con unha elevada cantidade de auga, aunque no verán descende considerablemente.
As duas rutas de sendeirismo de TORDOIA percorren paraxes significativas
do Concello, con importantes xacementos arqueolóxicos como o castro de Bardaos
ou a cámara megalítica Casa Moura (DOLMEN
DE CABALEIROS),...
... pero tamén enclaves cheos de fermosas paisaxes, como esta Acea de Estevo;...

... varios muiños ou a FERVENZA DE PORTOCIÑOS, onde se pode facer unha fermosa parada na contorna do Salto do Lobo.
... pero tamén enclaves cheos de fermosas paisaxes, como esta Acea de Estevo;...
... varios muiños ou a FERVENZA DE PORTOCIÑOS, onde se pode facer unha fermosa parada na contorna do Salto do Lobo.
Podes consultar as características das dúas rutas do Concello nos
seguintes deplegables: R1T Bardaos – Castenda R2T Santaia Cabaleiros
INFORMACIÓN RECOGIDA DE LOS SIGUIENTES ENLACES
VISITA OTROS
SORPRENDENTES LUGARES DEL MUNICIPIO DE TORDOIA EN ESTE ENLACE, CON UN MAPA PARA LLEGAR A CADA UNO DE
ELLOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario