A visita a Mezonzo xustifícase, non só pola marabillosa perfección e
equilibrio da cabeceira románica da IGREXA DE SANTA MARÍA DE MEZONZO,
senón tamén, por gozar dun dos máis belos e serenas paisaxes de Galicia.
No río dás Gándaras, un enclave dun gran valor etnográfico e natural, son
numerosos os enxeños hidráulicos que se atopan ao seu paso (un conxunto de
muíños, un batán e un serradoiro). É un eido no que explotábanse os recursos
naturais, e aproveitábase a forza da auga.
A parte baixa do río, xa case na desembocadura no Tambre, é unha zona onde o río adquire un trazado moi sinuoso e alcanza gran velocidade polo enorme desnivel que existe neste último punto.
Aproveitouse esta forza hidráulica para construír aquí un MUÍÑO, un antigo MAZADOIRO DE LIÑO e O BATÁN DE MEZONZO, elemento único na comarca e un dos tres mellores batanes rehabilitados que se conservan en Galicia.
As tres construcións atópanse moi próximas, nun belo emprazamento cunha contorna natural rodeada de carballos e castiñeiros, e xunto a un fermoso SALTO DE AUGA que se forma no río das Gándaras.
O batán é unha máquina construída de xeito artesanal, case na súa
totalidade por pezas de madeira de carballo, que funciona coa enerxía
hidráulica e que tiña como función principal bater os tecidos que se fabricaban
nos teares para darlles unha textura máis compacta e homoxénea. O emprazamento
dos batáns sempre é na beira dos ríos para aproveitar a súa forza hidráulica.
No leito do río construíase unha pequena presa, desde ela a auga era conducida por unha canalización con forte pendente ata a roda, cun diámetro de tres metros e unha serie de culleres (a miúdo dezaseis) repartidas regularmente no perímetro, sobre as que impacta a auga que baixa pola canle.
A roda comezaba a virar levando solidario o eixo e poñendo en funcionamento todos os mecanismos do batán, e accionando os mazos que comezaban a golpear as mantas. Outra pequena canle conducía un pouco de auga ata a cuba (un tronco de 230 cm de longo e 95 cm de diámetro que se escava no centro ata conseguir o oco necesario), para manter molladas as mantas durante boa parte do proceso, evitando o seu desgaste por rozamiento. Este chorrito de auga, á vez tamén servía para refrigerar os soportes do eixo.

Durante o período clásico, tanto gregos como romanos, xa pisaban os
tecidos, dado que non se coñecía o sistema mecánico. Durante a época romana o
pano poñíase en maceración en grandes cubas, nunha mistura de arxila espacial
para abatanar, potasa (cinza vexetal) e ouriños humanos. Os operarios apisoaban
o pano durante horas ou incluso días. Esta labor chamábase apisoamento “a
sangue”, xa que se necesitaba da forza humana. Non será ata a Idade Media cando
apareza o batán mecánico en Europa, nos séculos XI-XII, sábese da existencia
deles tanto en Francia como en Alemaña. A primeira referencia que se ten en
España data do século XII, nun documento do 17 de xuño de 1166, preto de
Xirona. Será neste momento cando comecen a espallarse polo resto do territorio
peninsular.
Os batáns, igual cos muíños, podían ser comunais (con varios
propietarios) ou privados, neste caso trátase dun batán de propiedade privada.
Pertence á Familia Mahía Pardo, máis coñecidos como Os Bataneiros de Sandá. Este alcume é debido á orixe do avó, Xosé Mahía Gundín, que procedía do Batán de Mezonzo. Tivo oito fillos (tres homes e cinco mulleres). Un dos homes Xesús Mahía López, o pai, atopou o amor na bela aldea de Sandá na parroquía da Cidadela no concello de Sobrado dos Monxes, onde vivían os Peritos de Sandá, José Pardo e Benita Ares. Unha vez chegado de servir á Patria durante toda a guerra contraeron matrimonio. Desde "A Casa Grande" de Sandá tiveron 10 fillos, entre os que se atopa Xosé Antonio Mahía, (Pepe do batán), o último bataneiro que traballou nel e a persoa, xunto coa súa muller, que mostráronnos e descubriron todo sobre este extraordinario conxunto.
A historia deste batán está vencellada ó mosteiro de Mezonzo que data de
finais do século XII, crese que foron os propios monxes os que o construíron,
de ser así sería un dos máis antigos da península. Estivo en funcionamento ata
o ano 1954, momento en que se abandona. Mentres estivo en activo, o batán funcionaba desde o mes de febreiro ata
xuño. Durante o verán permanecía pechado porque o río non tiña suficiente auga
para o seu accionamiento e no inverno
non se podía utilizar porque era moi difícil o secado das mantas. Non se usa para o liño, tan só para tecido. Métense 6 mantas nunha cuba durante 24-30 horas, cada 3-5 horas había que vixialas para que non se pegaran, secalas, estiralas e volvelas meter. As mantas encollían ata un 50%. No ano 2001 a
Deputación da Coruña rehabilitou o edificio e algunhas das pezas da maquinaria.
Cóbrese cunha cuberta de tella e restáurase o mecanismo para que poida ser
posto en funcionamento. Fabrícanse algunhas pezas de madeira que quedaran
inservibles tras o abandono.
Pertence á Familia Mahía Pardo, máis coñecidos como Os Bataneiros de Sandá. Este alcume é debido á orixe do avó, Xosé Mahía Gundín, que procedía do Batán de Mezonzo. Tivo oito fillos (tres homes e cinco mulleres). Un dos homes Xesús Mahía López, o pai, atopou o amor na bela aldea de Sandá na parroquía da Cidadela no concello de Sobrado dos Monxes, onde vivían os Peritos de Sandá, José Pardo e Benita Ares. Unha vez chegado de servir á Patria durante toda a guerra contraeron matrimonio. Desde "A Casa Grande" de Sandá tiveron 10 fillos, entre os que se atopa Xosé Antonio Mahía, (Pepe do batán), o último bataneiro que traballou nel e a persoa, xunto coa súa muller, que mostráronnos e descubriron todo sobre este extraordinario conxunto.
Foron moi empregados en Galicia, e a maior parte deles estiveron en funcionamento ata finais do século XIX, quedando moitos topónimos espallados pola xeografía galega. A día de hoxe a gran maioría deles están nun estado ruinoso ou case desaparecidos, sendo moi poucos os que se conservan, quedando únicamente con fins museísticos.
A segunda das construcións que se atopa neste emprazamento é O MUÍÑO DE MEZONZO.
Trátase dun volume independente e illado de planta rectangular e cuberta a dúas augas. Foi restaurado na mesma época en que se produciu a rehabilitación do batán, no ano 2001. Restaurouse a cuberta de madeira e substituíuse a antiga cubrición de tella, aplicóuselle un encintado ás xuntas do muro de mampostería, e rehabilitouse todo o seu mecanismo para poder ser posto en funcionamento, substituíndo as pezas de madeira máis deterioradas.
É un muíño de construción moi sinxela. Atópase moi próximo ao río e toma a auga directamente deste, conducíndoa cara ao rodezno por medio dunha curta canle reforzada con pedra nos seus laterais. Conta con trampillas de madeira para regular o caudal da auga ou impedir o seu acceso.
A sala de moer conta con dúas moas de pedra dunha soa peza e unha tolva
de madeira. A pedra superior ou volandera vai descuberta, non conta con gardapolvos,
podendo así apreciar o xiro desta moa sobre a soleira ou moa inferior. O
inferno ou bóveda ten unha única saída para devolver a auga ao curso natural do
río, por medio dunha canle escavada no terreo.
Un cartel sinálanos a terceira das construcións, O MAZADOIRO DE MEZONZO, hoxe en estado de ruína, e o punto desde o que contemplar a FERVENZA en
todo o seu lucimento.
Para os amantes do sendeirismo, sinalar que todos estes enclaves son
visitados seguindo a espectacular Ruta de Sendeirismo PR- G 195 RUTA DOS MUIÑOS DE VILASANTAR.
Onde tamén nos topamos o xa comentado MUIÑO
DO CREGO,...
… e moi preto deste e seguindo o río dás Gándaras, o MUIÑO DA MERA
medio oculto entre a vexetación.
INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS
VISITA OUTROS
SORPRENDENTES LUGARES DO CONCELLO DE VILASANTAR NESTA LIGAZÓN,
CUN MAPA
PARA CHEGAR A CADA UN DELES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario