En España hai máis de 7.000 quilómetros de liña ferroviaria en desuso,
nalgúns casos puidéronse reconverter en vías verdes, con todo, noutros casos
acabaron sendo devoradas pola maleza e o esquecemento. Hai moitas estacións
pechadas, algunhas espectaculares e outras maltratadas polos vándalos. Formaron
parte do pasado do país, pero hoxe en día os seus edificios, instalacións e
contorna seguen merecendo a pena unha visita.
Un bo exemplo é a antiga estación de Ordes - A Pontraga construíuse o 14
de abril de 1943 no Pk. 407,227 do trazado orixinal da liña Zamora-A Coruña
entre Santiago e A Coruña, coñecida como o Directo de Galicia.
Sitúase na parroquia de Parada, no lugar da Estación, onde o río
Lengüelle separa os concellos de Ordes e Tordoia. Por iso recibe tamén o nome
de Estación da Pontraga, en referencia ao lugar da Pontraga na parroquia de
Numide en Tordoia. A estación nunca tivo un gran tráfico de persoas por estar lonxe
do centro de Ordes, aínda que había autobuses da empresa Rogelio para levar os
pasaxeiros e o correo ata Ordes (de feito Rogelio morreu nun accidente nese
traxecto no ano 1966).
O edificio principal é o máis importante do conxunto, pois é obra do
arquitecto Ramón
Cortázar de Urruzola (1867-1945)...
... e foi construído a imaxe e semellanza da Estación
de Azpeita, en Guipúscoa, edificio que hoxe alberga o Museo
do Ferrocarril (en Galicia temos o de MONFORTE). Este arquitecto
deixou infinidade de obras sobre todo no País Vasco, entre as que destacan a
Casa Consistorial de Eibar, o Palacio de Belas Artes de San Sebastián ou a
caixa de aforros de Zaragoza.
http://ferropedia.es/mediawiki/index.php/Estaci%C3%B3n_de_Azpeitia |
Está inspirado na tradición construtiva vasca. Destacan sobre todo a
alternancia de arcos de ferradura e apuntados nas portas da planta baixa, os
arcos apuntados das fiestras da 1ª planta e os falsos armazóns de madeira na
fachada. O tellado é a catro augas con pináculos de adorno nas esquinas.
Unha serie de familias ocupaban os diferentes edificios existentes na
estación. As ditas familias realizaban tarefas propias do ferrocarril
dependendo economicamente da estación. A chegada do ferrocarril a metade do século
XIX trouxo consigo unha nova clase social: OS
FERROVIARIOS. Co advenimiento do novo transporte, producíronse unha
serie de adaptacións laborais e tecnolóxicas que deron lugar a traballos
vinculados exclusivamente ao mundo ferroviario: Xefes de Estación, Factores de Circulación,
Gardagullas, Interventores, Enganchadores, Gardesas, Gardabarreiras, Capataces,
Sobrestantes, Avisadores, Telefonistas, Maquinistas, Fogoneros, Xefes de Tren, Mozo
de equipaxes, Visitadores, Gardanoites, Interventores en Ruta e Gardafrenos,
son algúns deses oficios que se desenvolveron co ferrocarril.
Durante anos foi un centro importante de comunicacións para o concello. O
transporte de mercadorías e a presenza de pasaxeiros permitían que o lugar
tivera vida propia e que o seu contorno medrara economicamente.
Coa construción
do novo trazado do ferrocarril, a estación da Pontraga quedou en abandono.
A estación hoxe en día non ten un uso específico, se ben se recuperou o
seu contorno, creando unha fermosa ÁREA RECREATIVA.
O río Lengüelle discorre xunto a esta área que conservou algúns restos
ferroviarios a modo de homenaxe ao seu antigo uso, como un sinal oxidado,
algúns postes, as rodas dun vagón ou os restos dun cambio de agullas, e as plataformas
convertéronse en fermosos xardíns.
As intervencións sobre o trazado da liña, xa no século XXI, para
conformar o denominado Eixe Atlántico, supuxeron o peche destas antigas
estacións que sen gran dificultade,
poderiamos situar extraordinariamente preto do neovasco polas súas
características estéticoarquitectónicas. No vello corredor arrincáronse 39
quilómetros de raís polos responsables das infraestruturas españolas do
ferrocarril, e no 2022 creouse a chamada VÍA VERDE COMPOSTELA-TAMBRE-LENGÜELLE (ligazón a nosa publicación).
O itinerario sobre esa
antiga vía do ferrocarril, para ciclistas, peóns e persoas con mobilidade
reducida, está financiado pola Deputación e elaborado polos técnicos da
Fundación dos Ferrocarrís Españois.
Terá unha lonxitude total de 36,5 quilómetros, dos que 13 corresponden a SANTIAGO DE COMPOSTELA, 7,19 a OROSO, 8,3 a ORDES, 2,48 a TORDOIA e 5,5 a CERCEDA.
Deles,11 quilómetros corresponden á ligazón da Sionlla e Oroso
(que inclúe as estacións da A
SIONLLA,..
... BERDÍA,);...
... outros 21 quilómetros (xa rematados como vía verde e do que nós fixemos o tramo TRAMO QUEIXAS-ORDES) son os correspondentes ás vías que unían Oroso e Cerceda (cas estacións/apeadeiros de Oroso, , GARGA-TRASMONTE,...
... BERDÍA,);...
... outros 21 quilómetros (xa rematados como vía verde e do que nós fixemos o tramo TRAMO QUEIXAS-ORDES) son os correspondentes ás vías que unían Oroso e Cerceda (cas estacións/apeadeiros de Oroso, , GARGA-TRASMONTE,...
Antiga Estación de QUEIXAS- LONDOÑO |
Ademais hai outros sete quilómetros de vías eliminados entre
Boedo ( Bregua) e Uxes, que inclúe o peche da propia ESTACIÓN
DE BREGUA. Esperemos que algún día, estes pasen a formar parte dunha fermosa
Vía Verde.
Antiga Estación de BREGUA |
Se vos gusta a natureza e os lugares con historia, aquí tedes unha bonita
visita.
Coordenadas: 43° 03' 13.60" N, 8° 26' 47.69" O
INFORMACIÓN RECOGIDA EN LOS SIGUIENTES ENLACES
VISITA OUTROS SORPRENDENTES
LUGARES DO CONCELLO DE ORDES NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN
DELES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario