CAPELA DE SAN RAMÓN, CULLEREDO

Descoñécese a cronoloxía da capela, pero poida remontarse denates do século XVIII.


De feitura sinxela e planta rectangular, os muros son de pedra granítica, de mampostería nas partes nobres das esquinas, xambas ou linteis, quedando ocultas polo enlucido de cemento e pintado en cor branco, as partes supostamente executadas en cachotería; característica dunha arquitectura relixiosa local.



Como elemento máis salientábel, dada a sinxeleza da capela é, a disposición na fachada principal, encima da porta (onde vemos un pequeno Anxo alado cun violín),...



... dun curioso baixorrelevo que, segundo as miñas fontes consultadas, podería tratarse dunha imaxe esquemática da cruz sobre a casa..., elemento estándar apotropaico (que polo seu caracter máxico, afasta o mal ou propicia o ben), inscrito no que debeu ser un tímpano liso monolítico, moi típico de finais do século XV, e ata do XVI.


Sobre este, unha austera espadana dun oco cunha pequena campá.


A capela ubícase nun conxunto rural fermoso, e os arredores atópase ben conservados e coidados, dispoñéndose dun área de lecer.
 Tamén alzase un sinxelo CRUCEIRO. Non é Culleredo un concello que destaque pola calidade arquitectónica dos seus cruceiros. A maior parte deles, son de fuste liso, rematado nunha sinxela cruz. Este, ou ben carece de plataforma ou esta atópase completamente soterrada. Dunha basa cuadrangular, coas esquinas superiores achafranadas, arrinca o fuste de sección tamén cuadrangular nas esquinas e octogonal o resto. 


No centro obsérvase unha enorme grampa coa que conseguiron reconstruílo tras unha posible rotura. 



O capitel, con forma troncopiramidal invertida, suxeita unha humilde cruz sen imaxes.


No lugar, celébranse no derradeiro fin de semán do mes de agosto, as festas do San Ramón, patrón da parroquia, coincidindo coa súa festividade, o 31 de agosto. O día grande é o venres coa celebración dunha gran churrascada popular.

Na magna obra de “Geografia general del Reino de Galicia, La Coruña”, Volume 5, ( Francesch Carreras y Candi, Uxío Carré Aldao) fáise referencia á capela, e á importancia das festas do patrón San Ramón, nela indícase as seguintes referencias: “Dista 7 kilómetros de la Coruña, tanto por ferrocarril como por carretera. En el siglo XVIII se celebraba una feria anual el día de San Ramón, a la que sólo se llevaba ganado vacuno”, ( pax.747); “Se celebra la fiesta de San Ramón el 31 de Agosto. Es muy concurrida por los ofrecimientos al santo de las embarazadas y de los que padecen úlceras. Tiene una capilla de aquella advocación que tan sólo se abre ese día”, (páx.753); “Se celebran ferias los días 10 y 26 de cada mes y la fiesta de San Ramón en Agosto”, (páx.855).
 Estes ofrecementos son, posto que SAN RAMÓN é o Patrón de las parturientas. Segundo a LENDA, San Ramón, nado en Barcelona aló polo ano 1200, leva tamén o sorenome de non natus (non nacido), xa que a súa nai morreu no parto antes de que o neno saíse ó mundo.

INFORMACIÓN RECOLLIDA NAS SEGUINTES LIGAZÓNS



VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DE CULLEREDO NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.

2 comentarios:

  1. Esta capela reemplazou a outra anterior adicada a San Bartolome que estaba onde nace o rego da uceira, no Monte Xalo. Ese manantial denomínase da "Capela Vella". Dado que non hai restos, probablemente se aproveitasen para reedificar a nova capela na aldea de Folgueira.

    ResponderEliminar