SANTA MARÍA DE RESTANDE, TRAZO

Ata esta Igrexa parroquial do seculo XVIII de estilo barroco, tróuxonos o interese por coñecer un sartego que queriamos incluílo na nosa colección de ESCULTURA FUNERARIA.



 Entrando a man dereita, xunto a porta lateral e baixo unha arcada coroada por unha pedra armeira co escudo dos Bermúdez de Castro relacionados coa casa de Montaos, vemos o sartego coa figura xacente de DON ALFONSO ALBORGA, que segundo ora na fronte da lápida “falleceu no ano de 1400”.










Inscripción no chan, xunto o sepulcro

Él e a sua  muller Teresa Suares o Bermudez de Montaos fundaron o vínculo de Vilacova, e tamén no século XV, preto do templo, construíron unha torre de defensa reconvertida no século XVII, no fermoso PAZO DE VILACOVA, no que destaca a longa balconada co escudo de armas central (o piñeiro e as lanzas dos Leis, a banda potenzada dos Andrade, a cabeza de lobo sobre a ponte dos Ponte, os seis roeles dos Castro, a torre encerellada dos Pardiñas e os escaques dos Bermúdez, son os brasóns do escudo sostido por catro cabaleiros), apoiada en poderosas ménsulas e protexida con balaustrada de pedra, que percorre gran parte da fachada do pazo. Baixo ela ábrense cinco arcos de medio punto que dan acceso a un amplo soportal. Don Juan de Leis, Ponche, Moscoso, e Andrade, Cóengo da CATEDRAL DE SANTIAGO, é ou que remata a casa como hoxe se ve. Puido estar enterrado en Sta. María de Restande é o que pon no seu testamento; hoxe hai unha sepultura na igrexa de Bardaos co seu nome.


 Grazas á amabilidade do párroco, que retirou os tapices que cubrían parte do chan do presbiterio, puidemos ver varios escudos alí labrados, representado, entre outros, os brasóns de: os Fonseca;...



... o piñeiro e as lanzas dos Leis; os escaques dos Bermúdez; e os seis roeles dos Castro.



O templo presenta planta rectangular dunha nave con presbiterio notable, no que resalta un bonito RETABLO,...







... que segundo reza nunha inscrición: “SE HIZO AÑO DE 1767 Y SE PINTÓ EN EL AÑO DE 1773, TODO SIENDO CURA DON AGUSTÍN……



Nas paredes da nave, vemos incrustados outros dous retablos. 



O máis moderno contén imaxes procesionais.


A cada lado da porta de entrada, baixo o coro, chaman a nosa atención as dúas PÍAS DE AUGA BENDITA, ...





...ademais da PÍA BAUTISMAL.



Exteriormente sobresae a fachada, na que piastras pareadas sosteñen un curioso frontón semicircular. Ten porta principal adintelada e sobre ela presenta un óculo e un escudo circular con coroa.



O conxunto da fachada remata cunha fermosa espadana sobor basamento de grande cornixa con balconada de balaustres e pináculos nos esquinais, e campanario de dous ocos con arcos rematados por enriba e frontón curvo cortado con pináculo central.


Na sinxela portada lateral chamou a nosa atención, unha GRADICELA como a que afai verse nos accesos aos adros. 



Este cun muro tradicional que pecha o camposanto, cuxo valor máis relevante é unha sepultura en terra cunha cruz patada en relevo.





-

No cercano campo da festa, onde o 6 de Setembro celebraranse as súas festas parroquiais en honra a Santa María e ou Santísimo  Sacramento, érguese un CRUCEIRO realizado en granito. 



Apóiase sobre tres banzos de planta cuadrangular. Da base cuadrangular arrinca o fuste cadrado con chafláns e coa imaxe dun bispo no centro. 




O capitel cúbico e liso (reparado con pezas de ferro), suxeita unha cruz cas figuras de Cristo e a Inmaculada.




Coordenadas: 43°02'43.1"N 8°35'02.0"W. TELÉFONO: 981889273.

INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS












VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO CONCELLO DE TRAZO NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario