San Martiño de Neira de Rei é unha parroquia que se localiza no lugar de Os Mazos,pertencente o concello de Baralla e a Comarca dos Ancares Lucenses , onde tamén se atopa a vella PONTE DOS MAZOS, da que xa vos falamos noutra entrada do blogue.
A sua igrexa parroquial mostra unha fermosa e
robusta torre sobre catro arcadas de medio punto, que serve de acceso ó
edificio, e ten no carpa superior oito ocos, dous en cada lateral e arco de
laxas de lousa.
Nunha das súas paredes vemos unha inscrición
co cristograma acompañado dunha cruz, de lográmola ler o seguinte texto: “Esta obra se hizo siendo cura el …..D. ……
Santiso año de ….”
O retablo maior é neoclásico, con decoración
de rocaias, e foi dourado e policromado en 1781. Posúe as imaxes do titular, San
Martiño bispo, San Brais e San Pedro Papa, todas elas do XVIII.
Cóntase, que na croa do castro de Carballedo hai
unha "porta" que é a entrada a unha longa cova que dá á igrexa de San
Martiño de Neira de Rei, e era utilizada polos mouros para ir á misa. Na mesma páxina
ondea topamos esta información, fálase dun cura moi peculiar e tamén doutras
covas. Os máis lonxevos lémbran, que as historias, mitos e lendas que as
envolven son interminables: refuxio de guerra, gorida de bruxas e outros
personaxes máxicos ou agocho de tesouros, son algunhas das utilidades que se
lles foron atribuíndo ao longo dos anos.
Coordenadas: 42º 55' 44.9" N - 7º 12' 15.9" W
INFORMACIÓN RECOLLIDA NAS SEGUINTES LIGAZÓNS:
https://arqueoloxiadosancares.blogspot.com/2011/01/historias-tradicions-e-lendas-da.html
Inventario artístico de Lugo y su provincia
Tomo IV
https://www.elprogreso.es/articulo/a-montana/secretos-subsuelo-baralles/201804251734081308823.html
VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DE BARALLA NESTA LIGAZÓN, ONDE ATOPARÁS UN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario