CRUCEIRO DE FOLGUEIRA, CULLEREDO

 

Ou cruceiro de Folgueira atópase situado nunha encrucillada de camiños,
na metade da distancia que separa a igrexa de Santiago de Castelo, da CAPELA DE SAN RAMÓN.

Presenta plataforma cuadrangular de tres chanzos e basa cúbica de arestas superiores rebaixadas. O fuste liso é de sección cuadrangular coas arestas rebaixadas, e está coroado por un capitel cuadrangular que soporta unha cruz tamén de sección cuadrangular.

Esta mostra no anverso a figura de Cristo crucificado con tres cravos, cabeza ergueita, mans abertas e o pé dereito sobre o esquerdo.

No reverso vemos a imaxe da Virxe en actitude de orar, cos dedos das mans entrelazados.

A mesa pousadoiro actual non coincide exactamente coa que figura no libro " Cruceiros na provincia da Coruña", de Luís Martín Ruíz ( Deputación da Coruña, 1999), co número 32.03.2, Vol. II, páx. 730.

INFORMACIÓN RECOLLIDA NA SEGUINTE LIGAZÓN

https://cruceirosdegalicia.xyz/150310303.html

VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DE CULLEREDO NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario