ROTEIRO ROMANO DE VILARIÑO FRÍO, MONTEDERRAMO

 Á beira da vella igrexa neoclásica de Vilariño Frío comeza a ROTEIRO ROMANO. Un sinxelo pero fermoso percorrido circular de pouco máis de dous quilómetros e medio pola historia do imperio romano, e máis concretamente, pola historia dunha das obras que máis importancia tiveron no seu desenvolvemento, as calzadas.

Peto de Ánimas. Foto de la página: https://www.wikiwand.com/gl/Vilari%C3%B1o_Fr%C3%ADo,_Montederramo

O camiñante, ademais de gozar da natureza, ten a oportunidade de retroceder na historia e interiorizar nas claves das vías de comunicación romanas. Esta mirada ao pasado logrouse grazas á instalación de paneis informativos (en galego e castelán) con ilustracións alusivas á historia da VÍA NOVA, construida para unir las ciudades de Bracara Augusta (actual Braga) y Asturica Augusta (Astorga), despois da chegada das tropas que, ao mando de Décimo Xuño Bruto, conquistaron estas terras, ata entón habitadas por comunidades indíxenas, como as do próximo Castro de Leboreiro.



Móstrannos a cronoloxía da ocupación de Hispania.

Ademais realizouse unha pequena reprodución dunha CALZADA ROMANA co seu propio MILIARIO. Columna cilíndrica, oval ou paralelepípeda se colocaba no bordo das calzadas romanas para sinalar as distancias cada mil passus (pasos dobres romanos) é dicir, cada milla romana, o que equivale a unha distancia de aproximadamente 1480 metros.





Tamén explícasenos a vida que transcorría parella a ela, nos CAMPAMENTOS MILITARES, as MANSIÓNS, as POUSADAS e as TERMAS, dos que en Galicia temos algunha boa mostra, como podedes comprobar nas ligazóns.






Noutro panel resúmese a sociedade romana na época da republica.

Seguimos o paseo pola mesma que ata o de agora deran moitos autores como vía romana, pero diremos que os traballos de outros moitos sitúana a 3 Km cara ao S.E. desta. Identificando este como o medieval CAMIÑO REAL DA CRUZ DE FERRO.

Como resto máis visible do paso deste camino conservase, aínda en bo estado, a chamada PONTE VELLA, que consta de tres arcos semicirculares de luces distintas e bóvedas de medio punto. Arcos constituídos por perpiaños de labra moi esmerada e sentados "a oco". 

A construción actual é, probablemente do século XVII polas súas características construtivas: doelas, irregularidade do trasdous, moderado ancho da calzada, tipo de sillería, alzado e planta dos taxamares e rasante alombada.

Por esta ponte pasou Frei Martín Sarmiento o día 3 ou 4 de novembro de 1755, logo de sentir o terremoto do 1 de novembro dese ano en AUGAS SANTAS, na súa viaxe de volta a Madrid, deténdose medio día en Vilariño Frío para logo seguir camiño de SAN PAIO DE ABELEDA.


O día da miña visita, no marco da pandemia que estamos a vivir, as herbas invadían tanto o camiño como a ponte e a zona do merendeiro que hai baixo os bidueiros que crecen xunto ao río, dificultando a visión de todos estes elementos.

Coordenadas: 42º 18' 58.0" N - 7º 32' 51.0" W

INFORMACIÓN RECOGIDA EN LOS SIGUIENTES ENLACES

https://gl.wikipedia.org/wiki/Vilari%C3%B1o_Fr%C3%ADo,_Montederramo

https://www.laregion.es/articulo/verano/ruta-romana-vilarino-frio/20090724095658093009.html

http://www.guiasilbibeinavea.es/lugar09.html

http://www.traianvs.net/textos/18limia.htm

VISITA OTROS SORPRENDENTES LUGARES DEL MUNICIPIO DE MONTEDERRAMO EN ESTE ENLACE, CON UN MAPA PARA LLEGAR A CADA UNO DE ELLOS.


No hay comentarios:

Publicar un comentario