PONTE E LAVADOIRO DAS CASCAS, BETANZOS


Descoñécese a época de construción desta antiga ponte que conectaba a VILA DE UNTIA e as súas heredades, co mosteiro de “Santa Maria Nai de Deus de Donas” situado na beira do rio chamado Mendo.


Foi edificado de novo polo conde don Bermudo Pérez de Traba no ano 1138, para doalo á súa filla dona Urraca, habida do seu matrimonio coa Infanta Urraca Enríquez de Portugal, quen á súa vez o cedería ao mosteiro de Sobrado, o 6 de setiembre de 1145, e por cuxas terras discorría o camiño antigo a Santiago de Compostela, con paso obrigado polas Cascas e a súa ponte.



Sería reformado en 1634 polo mestre Juan de la Llana.
O 11 de xaneiro de 1809, foi voado polas tropas inglesas ao mando do xeneral Sir John Moore, no seu camiño cara a A Coruña, polo que o seu arco gótico e a empinadura que o caracterizaba se substitúen por vigas e taboleiros de carballo.


En 1839 lévase a cabo unha reconstrución en pedra que lle dá o aspecto actual dun só arco, con peitorís e todo el de cadeirado, ten uns catro metros de ancho e conserva dous cubos de poñente, sobre os que se abren outros tantos apartadoiros con asentos.


 En 1846 engádeselle un BRASÓN coas armas da vila polo Leste, cara á súa calzada, timbrado cunha cartela a modo de lenda na que pode lerse “POR EL AYUNTAMTº D 1846”.



Preto da ponte, levántase a gran infraestrutura do LAVADOIRO PÚBLICO DAS CASCAS, construído á beira do río Mendo no ano 1902, por iniciativa dos irmáns García Naveira,...



... os mesmos que tamén impulsaron a creación do primeiro parque temático en Europa, o do PASATEMPO.



A construcción, que presenta planta rectangular, seguiu o proxecto do enxeñeiro Estanislao Pan y Pérez, e era na época, unha das construcións deste tipo máis grandes do mundo. Unha auténtica obra de arte de 348 m2, dividida en dúas plantas, cun estilo modernista e tamén variados elementos de corte historicista.



A decoración vexetal concéntrase no friso que percorre horizontalmente o edificio. Na sua decoración podemos ver tamén os escudos de Betanzos e Arxentina.






Estaba feito para albergar a 22 lavandeiras de xeito simultáneo, con dúas filas de lavadoiros, realizados, ademais, para ser aproveitados ao máximo en función do nivel das mareas.



Ademais tiña unha gran lareira, unha sala para descanso na que podían quedar, cociñar, comer, atender aos nenos e bancos de pedra.


E un espazo de secado, na parte alta, construído cun tramado de pasarelas de madeira.






Era un traballo duro, exclusivamente feminino, exposto ao rigor dos elementos e á incomodidade de traballar sobre unha pedra lisa desde a ribeira.




Nas cláusulas fundacionais, fixadas polos irmáns García Naveira, indicábase que era un lugar público e gratuíto, que tiñan preferencia no seu uso as lavandeiras que gañaban con iso a vida, que non se podían comercializar as súas instalacións e que o Concello correría cos gastos da súa conservación, réxime e vixilancia.


En 1912, Don Juan García Naveira solicitou permiso para construír un segundo Lavadoiro Público nas Cascas, igual ao que doaran en 1902. Este segundo lavadoiro, dunha soa planta, existiu ata 1960, data en que foi desmantelado polos seus estado de deterioración e por non necesitarse xa.

Coordenadas: 43º 16' 26.9" N - 8º 12' 45.0" W


INFORMACIÓN RECOLLIDA DAS SEGUINTES LIGAZÓNS










VISITA OUTROS SORPRENDENTES LUGARES DO MUNICIPIO DE BETANZOS NESTA LIGAZÓN, CUN MAPA PARA CHEGAR A CADA UN DELES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario