A Igrexa Parroquial de Santa
Eulalia foi de estilo románico, do que solo quedan algúns muros. Reconstruíuse
no ano 1945 a partir dos restos dunha casa señorial: “O pazo da casa Tulla” deste xeito non presenta o aspecto dunha
igrexa típica.
No exterior consérvase o portalón de entrada rematado en frontón
triangular e cruz, e parte da cerca.
A súa fachada é a mesma que tiña a casa, as súas ventás foron tapiadas e
añadeseulle unha espadana que posúe unha placa cunha inscrición: “IGLESIA CONSTRUÍDA SENDO CURA DON RAMON ROCA
ROCA NO ANO 1945”.
Na súa parte superior, conserva unha pedra gravada cunha figura cos
brazos abertos que se atopaba na primitiva igrexa.
Seus muros mostran ventás apuntadas con vidreira sen polícromar, excepto
na fachada.
En Mariz, ó igual que en todo o concello, abundan os muíños de auga,
destacando o conxunto de Muíños chamado os “Muíños da Muiñeira”, situados xunto un regato que en varios
desniveis sitúa cinco muíños a distinta altura axustándose as cascadas da auga.
Eran muíños comunitarios de herdeiros correspondentes ás familias das aldeas do
entorno que se roldaban no seu uso por horas.
A parroquia de Mariz celebra as súas festas patronais na honra de San
Bartolomé os días 24 e 25 de agosto. Na Semana Santa tamén se celebra a festa do lume e da auga (Vixilia
pascual), que conxuga elementos míticos – relixiosos, nesta celebración baixase
o río a bendicila auga.
Como curiosidade, sinalar que no lugar dos Curveiros, a un Km do BALNEARIO DE GUITIRIZ (e
posiblemente en relación con este), apareceu no ano 1918 (1910 segundo IRG),
xunto a un fuste de columna sen molduras, e no medio dun noiro formado por
escorias e mineral de ferro, a carón dun
arroio e ao pé dunha fervenza que debeu de ter certa importancia na antiguedad,
unha Ara
Votiva de granito con decoración bastante elaborada, e coa seguinte
inscrición: COHVE TENE E R(esponso?) N(umidis?). A Cohvetena, agradecendo a resposta da divindade (?).
Tamén nesta mesma parroquia, no ano 1972, traballando nunha leira no
lugar de Cuiña, atopouse outra epigrafía coa seguinte inscrición: [D(iis)] M(anibus) S(acrum) [PL]ACIDI[VS] PATER NVS AN NORVM [...?] XVII. (Consagrado aos Deuses Manes, Placidius
Paternus morto á idade de 17(?) anos). Estas dúas pezas consérvanse a día de
hoxe, no MUSEO
PROVINCIAL DE LUGO.
INFORMACIÓN RECOGIDA EN LOS SIGUIENTES ENLACES
BALNEARIOS Y DIOSES DE LAS AGUAS TERMALES EN LA GALICIA ROMANA (Pdf)
VISITA OTROS
SORPRENDENTES LUGARES DEL MUNICIPIO DE GUITIRIZ EN ESTE ENLACE, CON UN MAPA PARA LLEGAR A CADA UNO DE ELLOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario