SAN SEBASTIÁN DOS DEVESOS, ORTIGUEIRA

 

A toponimia sinálanos que Devesos provén do latín defensu, referido ao estatus dun monte como 'coutado, resgardado, vedado', "terras cercadas", xeralmente un terreo arborado acoutado con certas restricións. Orixinariamente eran terras prohibidas para o pobo, do rei ou nobres, para cazar ou para explotación das árbores (carballos, etc). Probablemente este topónimo concreto aluda á existencia de tres montes devesos, de feito en 1859 aínda figuran atestadas tres "dehesa nacional" nos lugares de Acibeiro, Pieira e Portas, os tres plantados de carballos. Nos finais do século XVI aparece atestada como: "S. Sebastian dos Debesos", e no 1789 xa figura como "F[eligresía] de los Debésos".

Situada na parte occidental do concello de ORTIGUEIRA, esténdese polo curso alto do río Baleo e pola aba occidental da serra da Faladoira. E no lugar do Igrexario atópase a igrexa parroquial de Devesos, un templo antigo con planta de cruz latina e nela destaca un curioso pórtico lateral. A fachada principal termina nunha espadana campanario que está adornada con pináculos. Está adicada a San Sebastián, o patrón da parroquia. Do obradoiro do señor Andrés Román Martínez Díaz, foron saíndo na década dos anos oitenta os primeiros dos seus fermosos retablos, como o da igrexa de San Sebastián de Devesos, que sería o predecesor dos dous que compuxo para a de Santa Marta de Ortigueira.




Un pouco afastado está o cemiterio e no seu camino, testando coa igrexa, atópase a casa reitoral do século XVII actualmente restaurada. Tamén podemos ver as cruces que quedan dun antigo viacrucis, do que así mesmo, consérvanse tres CRUCEIROS de diferente factura. Obras feitas plenamente ou de forma maioritaria de pedra serpentina.





Neste mesmo lugar e fronte do templo, érguese o edificio da Sociedade de Instrución e Recreo "A DEVESANA", local sufragado polos emigrantes en Cuba naturais desta parroquia, que no ano 1908 constituíran na Habana unha sociedade con este mesmo nome.

Os seus fundadores, todos eles obreiros tabaqueiros, co obxecto de facilitar a instrución dos socios e familiares, inauguraron en 1912 a Escola Laica de Devesos, seguindo os postulados da Escuela Moderna do anarquista Francesc Ferrer i Guàrdia. A principios do século XX, o sistema educativo en España era obsoleto e deficiente. Para paliar este problema, os emigrantes en Cuba, que se decataran dás dificultades de seren analfabetos, fundan e manteñen de xeito desinteresado ata once escolas indianas nas diferentes parroquias de Ortigueira.

Foto de la página: https://www.todocoleccion.net/postales-galicia/ortigueira-coruna-sociedad-devesana-edificio-escuela~x154047378#sobre_el_lote

A Devesana tivo un sistema de ensino moderno co que se pretendía a consecución de personalidades libres e autónomas para a construción dunha sociedade igualitaria. Tivo mestres como Rafael Fernández Casas, quen ensinaba en galego, programaba os contidos das clases, pedía aos seus alumnos que expuxeran as súas ideas a través de redaccións e debates, facía intercambios con outras escolas de indianos...


O edificio, reformado para a súa nova función, constaba de dúas plantas e un terreo anexo de dimensións xenerosas. Na planta baixa estaba a vivenda para o mestre e unha sala de xuntas e recreo para os asociados. E, por último, na planta superior estaban unha espazosa sala de clase con capacidade para 40 persoas, un cuarto para gardar o material, e unha biblioteca - museo. O edificio contaba con tres balconadas e un magnífico reloxo doado polo socio D. Ramón Chao.

No patio anexo había un coidado xardín e un campo de experimentación agrícola, ademais dos retretes. 

A escola foi suspendida polo gobernador civil durante a ditadura de Primo de Rivera, pola súa relación con asociacións libertarias, pero fundamentalmente pola hostilidade que os seus principios anticlericais suscitaran no cura párroco de Devesos. Sería defendida nos tribunais polos ilustres Santiago Casares Quiroga e Leandro Pita Romero, e aínda que se gañou o recurso non abriría de novo ata 1931. Cando comeza a guerra civil pecha as súas portas definitivamente, e acabará sendo ocupada por un destacamento militar primeiro e da Garda Civil despois. Durante longos anos, a historia da Devesana caeu no esquecemento. Hai un tempo a veciñanza cedeulle o edificio ao concello de Ortigueira para a súa restauración e actualmente acolle o centro social da parroquia.



Recentemente a serie Néboa, que mostrounos a beleza dramática e mística de Galicia, elixiu este enclave como cuartel da Garda Civil na trama, xunto a outra localizacións como O Barqueiro ...

...e o Faro de Estaca de Bares (Mañón). 

Tamén se rodaron escenas no cemiterio municipal de Ortigueira ...


...e nos cantís de Loiba, que daban a magnitude da orografía agreste galega;...


... na fábrica conserveira da Pureza e a cabana de Sismundi, no municipio de Cariño; ou San Antonio de Corveiro, en Cedeira...


...e San Felipe en Ferrol


Outros deses lugares máxicos onde se rodou é a Furna Furada, na parroquia carballesa de Rebordelos;...



... a Fraga de Cecebre en Cambre, ou o Sanatorio de O Paraxón, en Oza-Cesuras, onde finaliza a trama.


Sinalar que no lugar de Portas, ao que se chega por unha pista que sae do Igrexario e que vai até Penavide, atópase a medio camiño un desvío que nos leva por un camiño até a pequena ermida de Nosa Señora de Portas, moi concorrida en romaxe noutros tempos.

INFORMACION RECOGIDA DE ESTOS ENLACES

http://toponimiaortigueira.blogspot.com/2017/03/toponimia-maior-de-ortigueira.html

https://gl.wikipedia.org/wiki/Devesos,_Ortigueira

El escultor e imaginero de las iglesias del municipio de Ortigueira. (O Mosteito, 1835 - Ortigueira, 2 de junio de 1920).

https://www.paxinasgalegas.es/parroquia-de-san-sebastian-de-devesos-392156em.html

El patrimonio etnográfico y el arte popular: cruceros y petos de ánimas de los municipios de Moeche y San Sadurniño. (pdf)

https://cruceirosdegalicia.xyz/150610501.html

http://cruceirosdegalicia.xyz/150610502.html

https://cruceirosdegalicia.xyz/150610503.html

http://www.blogoteca.com/coamarea/index.php?cod=111168

https://emigracion.xunta.gal/files/revista/31954-lar-gallego-sevilla-andurina-81-dec-2015.pdf

https://www.traveler.es/viajeros/articulos/localizaciones-serie-neboa-galicia-donde-esta-rodada-entrevista-alba-galocha/17245

VISITA OTROS SORPRENDENTES LUGARES DEL AYUNTAMIENTO DE ORTIGUEIRA EN ESTE ENLACE, CON UN MAPA PARA LLEGAR A CADA UNO DE ELLOS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario